Empadroamento
Todas as persoas inmigradas, incluídas as que se atopen en situación irregular, teñen dereito a empadroarse no concello no que viven, previa identificación da súa identidade, e da residencia habitual en dita localidade.
Estea en situación regular ou irregular, o empadroamento confire á persoa inmigrada outros dereitos. Todas as persoas inscritas no padrón dun municipio constan como veciñas deste e teñen dereito á asistencia sanitaria pública e á escolarización básica dos seus fillos.
A inscrición no padrón tamén é un xeito de xustificar a residencia habitual nun municipio determinado.
CONCELLO DE VIVEIRO:
Praza Maior, 1
27850 Viveiro.
Teléfono: 982560128-ext21//982561147


Chúzao
del.icio.us
